PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
Serán subvencionables grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial que se executen dentro do territorio da provincia da Coruña. En procesos industriais, son exemplos de investimentos que poderían ser considerados, os seguintes: electrificación dos procesos, a substitución de combustibles fósiles por biomasa ou hidróxeno.
Serán subvencionables grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial que se executen dentro do territorio da provincia da Coruña. En procesos industriais, son exemplos de investimentos que poderían ser considerados, os seguintes: electrificación dos procesos, a substitución de combustibles fósiles por biomasa ou hidróxeno.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as empresas que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Provincia da Coruña, e que realicen unha actividade industrial. Para os efectos destas bases considérase actividade industrial aquelas da CNAE 2009 (regulado por Real Decreto 475/2007) que comecen pola división da 07 a 39.
O Inega comprobará o cumprimento da condición de peme ou non peme do solicitante, segundo a definición de peme contida no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 de 17 de xuño, xeral de exención por categorías, co fin de garantir o tratamento diferenciado dos distintos beneficiarios en función do tipo de intervención.
Considéranse investimentos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionado coas actuacións, o prezo dos equipamentos e a súa montaxe e posta en marcha, Para contribuír á comprobación dos resultados ambientais obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e tele-xestión do consumo de enerxía e emisións asociadas ás actuacións de aforro para as que se solicita axuda. Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas ou de emisións que inclúan en detalle a actuación subvencionada salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme á normativa vixente.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 1.000.000 euros. Para pemes rebaixase o investimento mínimo a 500.000 euros. O investimento máximo non ten límite.
Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións que se valorarán de xeito conxunto. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
A contía da subvención será a que se determina no seguinte cadro en función da liña de axudas á que opte:
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD)
No caso de grandes empresas, establécese un rateo máximo de axuda pública por emprego creado de 80.000 €, polo que a contía da subvención será a menor das seguintes:
0 45% do custo subvencionable.
A contía resultante de multiplicar 80.000 € por cada posto de traballo creado polo proxecto.
Establécese unha axuda máxima por expediente de 3.000.000 de euros. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 5.000.000 de euros, salvo no caso que non houbese solicitudes alternativas.
A contía da subvención será a que se determina no seguinte cadro en función da liña de axudas á que opte:
– Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA): 45 % do custe subvencionable para medianas empresas; e o 55% para pequenas empresas
– Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % (PAD): 45 % do custe subvencionable para grandes empresas; o 55 % para medianas empresas; e o 65% para pequenas empresas